Quen Son Eu
15026
page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-15026,bridge-core-1.0.7,ajax_fade,page_not_loaded,,qode_grid_1200,qode-theme-ver-18.2.1,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.0.5,vc_responsive
 

Quen Son Eu

Creacións Audiovisuais

Chámome Iván Garmén e xa cumprín máis dunha década dedicándome á arte audiovisual.

Medrei rodeado de películas, pois o negocio familiar era un videoclub, e dende ben pequeno comecei a sentir curiosidade polo traballo que había detrás de cada filme, de cada escea, de cada decorado, de cada sombra e de cada luz. Podería dicir que, aínda sen todavía sabelo, aí comezou a paixón que sinto por este medio.

A vida está chea de instantes únicos e irrepetibles, e son deses momentos dos que brotan as emocións máis frescas e espontáneas. E esa realidade é a que me propoño capturar coa miña cámara, engadíndolle a dosis necesaria de creatividade, profesionalidade e agarimo en cada proxecto no que me sumerxo.

Sempre aberto ao diálogo en pro dun bo entendemento entre o meu lado do obxectivo e o voso para lograr o resultado desexado, anímovos a que visitedes as mostras dalgúns dos meus traballos nesta web e que me consultedes calquera proposta, idea ou dúbida que teñades.

¡Bo día!

Ten unha idea? Ponte en contacto comigo