Vodas de Ouro Cruz e Modesto

Proxectos comúns levados a cabo. Familia, viaxes, ilusións, ledicias, momentos duros superados xuntos sempre coa forza do amor, da comprensión e da complicidade entre dúas persoas que viven tantos anos en harmonía. Un exemplo puro de entrega e de loita.  Noraboa e gracias.

Vodas de Ouro Amable e Luís

Este pequeno vídeo é unha mostra do amor entre Amable e Luís e da boa actitude ante a vida. Unha carreira de esforzo e de perseverancia, sempre acompañada do humor e da elegancia que caracteriza aos protagonistas e que fan desta historia de amor toda unha vida de ledicia, equilibrio e sorrisos.  Noraboa e moitas gracias.