Descenso do río Sella

Encóntrome aquí ante un novo reto e sorprendente experiencia. Un grupo de persoas, entre elas pacientes e socio-sanitarios, fan o descenso do río Sella, en Asturias, dende Arriondas ata Llobio.

Un evento único nunha paraxe incríble, non pode dar lugar a algo máis que a esta experiencia audiovisual única, que vos traigo.

Unha vez máis gracias Asepeyo por facerme partícipe desta fermosa historia.

Video Camino de Santiago

Cando o traballo te aporta cousas tan boas como esta, só podo sentirme afortunado. Estos minutos de grabación son só algúns dos aspectos máis destacados do Camiño de Santiago de Compostela dende Astorga, realizado por estas persoas, persoas cargadas de forza e cunha capacidade de superación, que tiven a fortuna de acompañar coa miña cámara.

300 km de subidas e baixadas , sen deixar de pedalear e pasando por algúns dos tramos máis duros do Camiño de Santiago, como a forte pendente que culmina no Cebreiro.

Enormemente agradecido a mutua Asepeyo e os pacientes e colaboradores, foi un auténtico gusto traballar con vos, espero que coincidamos pronto.

Duende Circo

Cando nos dedicamos en corpo e alma a unha paixón, aparece a maxia e o encanto. O sublime vólvese real e a fantasía inunda o noso entorno.

Abracadabra pata de cabra! Para festas e entretemento en xeral, temos a este marabilloso paiaso que mediante unha sutileza e un estilo refinado, conseguirá manter ós máis pequenos entretidos, e os non tan pequenos tamén.

Video Asepeyo en Marathon TV3

Un novo reto, unha nova aventura! Deprázome neste caso a San Cugat (Barcelona) para rexistrar a Maratón de TV3.

Unha iniciativa conxunta, da que forma parte Asepeyo, para axudar a participar a estos amigos, con algunha lesión medular, nas diferentes actividades deportivas.

Gracias de novo a Asepeyo por confiar na miña profesionalidade! Foi un verdadeiro gusto traballar con vos!