Iván Garmén

Creacións audiovisuais

 

Chámome Iván e xa cumprín máis dunha década dedicándome á arte audiovisual.

 

Medrei rodeado de películas, pois o negocio familiar era un videoclub, e dende ben pequeno comecei a sentir curiosidade polo traballo que había detrás de cada filme, de cada escea, de cada decorado, de cada sombra e de cada luz. Podería dicir que, aínda sen todavía sabelo, aí comezou a paixón que sinto por este medio.

 

A vida está chea de instantes únicos e irrepetibles, e son deses momentos dos que brotan as emocións máis frescas e espontáneas. E esa realidade é a que me propoño capturar coa miña cámara, engadíndolle a dosis necesaria de creatividade, profesionalidade e agarimo en cada proxecto no que me sumerxo.

 

Sempre aberto ao diálogo en pro dun bo entendemento entre o meu lado do obxectivo e o voso para lograr o resultado desexado, anímovos a que visitedes as mostras dalgúns dos meus traballos nesta web e que me consultedes calquera proposta, idea ou dúbida que teñades.

 

¡Bo día!

ivan-garmen